domingo, 22 de mayo de 2011

Practica Simón

GUERRA DE VIETNAM








1- Nesta imaxe pódese observar que o acontecemento co que se corresponde é coa Guerra de Vietnam. En 1960 produciuse a guerra, que foi unha das máis crueles da Guerra Fría. Isto produciuse cando a parte Norte decidiu atacar á parte surpara unificar o país. Por isto, os americanos decidiron enviar a máis de medio millón de soldadose un importante armamento militar. Ante as imaxes da Guerra, o presidente Richard Nikson, decidiu retirar o exército de alí. Finalmente, a parte norte logrou unificar o país no ano 1975. Este acontecemento supuxo un grave problema para os americanos, pois suponía a súa primeira derrota nunha guerra e ademais as imaxes chegadas de alí provocaron un enorme malestar na poboación.

2- A imaxe correspóndese a cando os vietnamitas da parte Sur e da parte Norte se enfrentaron para loitar contra a unificación do país. Isto supuxo un grave problema para a poboación, xa que este enfrontamento produciu un gran número de falecidos. Como se ve na imaxe, un vietnamita dunha parte do país matando a outro vietnamita do outro bando.

3- A imaxe axústase ó acontecido nesta Guerra xa que se ve claramente o intento de matar un ao outro, polo cal o país quedara dividido en dous bandos (os vietcong e os charlis) separados polo paralelo 17º. Esta guerra fixo que os americanos intervisen, pero finalmente tiveron que retirarse. A parte norte logrou unificar o país tras un largo período de guerra no ano 1975.